Nos últimos anos da miña vida futbolística no fútbol base estivo marcada por tres sucesos a destacar. Estaba na etapa de xuvenil e con 16 anos conseguín un novo ascenso, foi co CD Areosa e alcanzamos a subir dende a Liga Galega ata a Liga Nacional, este foi o meu primeiro suceso. O segundo suceso e o máis triste ocorreu cando tiña 17 anos. Pois ben o 29 de xaneiro de 2012 nun partido contra o Deportivo de la Coruña nunha fortuita entrada tiven unha fractura de nocello que obligoume a deixar o fútbol durante 4 largos e duros meses. Pero xusto no ano seguinte conseguín o último suceso e foi un novo ascenso dende Liga Nacional ata, a liga máis superior de xuvenil que é, a liga de División de Honor. Con esto rematei o que foi a miña vida no fútbol base chea de éxitos dos que disfrutei día a día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario