Nos últimos anos da miña vida futbolística no fútbol base estivo marcada por tres sucesos a destacar. Estaba na etapa de xuvenil e con 16 anos conseguín un novo ascenso, foi co CD Areosa e alcanzamos a subir dende a Liga Galega ata a Liga Nacional, este foi o meu primeiro suceso. O segundo suceso e o máis triste ocorreu cando tiña 17 anos. Pois ben o 29 de xaneiro de 2012 nun partido contra o Deportivo de la Coruña nunha fortuita entrada tiven unha fractura de nocello que obligoume a deixar o fútbol durante 4 largos e duros meses. Pero xusto no ano seguinte conseguín o último suceso e foi un novo ascenso dende Liga Nacional ata, a liga máis superior de xuvenil que é, a liga de División de Honor. Con esto rematei o que foi a miña vida no fútbol base chea de éxitos dos que disfrutei día a día.
Autobiografia
domingo, 1 de junio de 2014
Con 15 anos, seguía conseguindo éxitos co fútbol. Esta vez xogando na máxima categoría de cadetes, División de Honor, contra equipos como o Celta de Vigo, o Deportivo de la Coruña ou o Lugo. O éxito de esta tempada foi rematar como segundos clasificados por primeira vez para o CD Areosa nesta categoría, so superados por un intratable Celta e por riba do Deportivo. O grupo de xogadores deste ano era impresionante e por iso conseguimos este éxito. Tamén nese ano xogamos a Vigo Cup e fomos CAMPEONES!
Nos primeiros meses de 2009, tiven a sorte de formar parte do equipo da selección de vigo sub15 que gañou o torneo comarcal de seleccións. Neste equipo estaban xogadores como Denis Suarez (actualmente Barcelona B), Jonny Castro (actualmente primer equipo do RC Celta de Vigo), Fernán (xogador do RC Celta B), entre outros. Conseguimos clasificarnos nun grupo onde estaban a selección de Ourense e Pontevedra e gañamos na final por 2 a 1 a selección de Santiago.
En verano de 2008 fichei polo CD Areosa, detrás deixei a moitos amigos no Independiente, pero tiven a sorte de levarme conmigo a un deles. O primeiro que fixen no meu novo equipo foi a xogar a Vigo Cup. O primeiro partido iba moi nervioso, pero pouco a pouco fun quitándome esos nervios que tiña. Nesta primeira semana co CD Areosa tiven a sorte de xogar a final da Vigo Cup e nun campo moi ilusionante para min como é o de Balaidos. En so unha semana puiden cumprir un sueño para mi. Despois de gañar a final o celebramos no terreo de xogo como é debido.
Con 12 anos a miña vida no fútbol cambiou rotundamente. Pasaba a categoría de infantil e seguía no Independiente, pero sin saberlo eran os dous últimos anos neste equipo. Apareceu como adestrador deste equipo Joao, unha persoa que confiou en min dende o primeiro día. Neste ano rematamos 6 e xogamos o ascenso a Liga Galega, pero quedamos eliminados polo Vilagarcía de Arousa na primeira ronda. Neste ano debutei para xogar un partido amistoso coa Selección de Vigo. Con 13 anos comezamos un novo ano coa intención do ascenso que non puidemos conseguir o ano anterior. Despois dun ano INCREIBLE, conseguimos o ascenso a Liga Galega derrotando ao Alondras e o Alerta, neste partido foi a miña despedida do Independiente, despois de 7 anos. Aquí os deixo unha foto deste último partido contra o Alerta!
Continuaba a miña vida futbolística nos anos 2004 e 2005, con 10 e 11 anos xa. Formaba parte do equipo alevín do Independiente e con 10 anos conseguín ser campeón de 2ª Autonómica. Isto ocorreu grazas a un grupo fantástico, onde perdimos moi poucos partidos e fomos moi regulares durante todo o ano. Con 11 anos, e grazas o ascenso do ano anterior, puidemos disfrutar de xogar na 1ª Autonómica. Foi un ano complicado pero conseguimos manternos entre os 10 primeiros. Aquí os deixo unha foto do partido contra o Porriño con 11 anos!
jueves, 29 de mayo de 2014
Nos anos 2002 e 2003 seguía no Independiente FC, pero cambiei de categoría. Con esta idade participaba na categoría benxamín e por fin, xa xogaba nuns campos máis grandes, que por aquel entonces eran todos de terra. Os partidos duraban 30 minutos cada parte e xogábamos 11 contra 11, onde os cambios eran ilimitados e se podía entrar e saír do campo sen ningún problema. Aqui os deixo unha foto cando tiña 9 anos e estaba a punto de comezar a partido contra o CD Areosa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)